O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa un obradoiro pioneiro de prospectiva comunitaria para a xestión dos montes
Coordinados pola Fundación Montescola, os participantes elaborarán o Plan de Acción Comunitaria de Baroña coa vista posta no ano 2055

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa un obradoiro pioneiro de prospectiva comunitaria para a xestión dos montes / Laboratorio Ecosocial do Barbanza

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza este sábado 8 de marzo, a partir das 10.00 horas na Casa Forestal de Baroña, un obradoiro de prospectiva comunitaria que busca axudar ás comunidades de montes a visualizar colectivamente o futuro das súas terras e a transformar esa visión en proxectos concretos.
Este primeiro obradoiro, que servirá como proxecto piloto, será o punto de partida dunha serie de dez encontros que se desenvolverán nas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Rianxo e Lousame.
Durante a xornada, coordinada por Montescola, as persoas asistentes participarán na elaboración do Plan de Acción Comunitaria de Baroña, un documento estratéxico que marcará os pasos necesarios para facer realidade a visión do monte cara ao ano 2055. O obxectivo é promover un modelo de xestión sustentable, equilibrando a conservación ambiental, o aproveitamento dos recursos e o desenvolvemento social e económico da comunidade.

Cartel do obradoiro 'Baroña 2055' / Cedida
O evento está aberto a todos os públicos e idades, fomentando a participación cidadá e o traballo colaborativo na planificación do territorio. As persoas interesadas en asistir ao obradoiro poden inscribirse enviando un correo electrónico a info@montescola.org ata este mércores 5 de marzo.
- Una panadería de Santiago se cuela entre las mejores de España: 'Empecé vendiendo hamburguesas en Venezuela
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- El verano de los alcaldes gallegos: entre fiestas patronales, bodas y llamadas del Concello
- Ser taxista en Santiago cuesta al menos 140.000 euros y más de una década para recuperar la inversión
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
