Case 580 barbanceses usan a teleasistencia da Deputación
O tradicional xantar da terceira idade congregou este venres en Boiro máis de medio milleiro de persoas

González, de pé no centro, e Romero, dereita, este venres no xantar da terceira idade de Boiro. / Cedida
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou este venres no xantar de confraternidade da terceira idade de Boiro, onde destacou «o papel fundamental das persoas maiores na sociedade» e lembrou as dificultades que atravesaron nos tempos máis difíciles.
Formoso destacou «o esforzo das xeracións que nos precederon, que fixeron posible o Boiro de hoxe, un dos municipios máis puxantes e dinámicos da provincia».
Acompañado polo alcalde, José Ramón Romero, Formoso compartiu a xornada con máis de 500 persoas no pavillón de Barraña, nun evento organizado polo Concello. Durante a súa intervención, puxo en valor o compromiso do Goberno local coa atención ás persoas maiores e o apoio que recibe da Deputación para mellorar os servizos sociais.
En Barbanza, 572 persoas contan co servizo de teleasistencia da Deputación, das cales 94 residen en Boiro. Ademais, a institución provincial financia máis de 42.000 horas anuais de Servizo de Axuda no Fogar na zona.
O alcalde dixo que «todo o que somos como pobo debémosllo ao voso traballo durante décadas, e desde o Concello imos seguir traballando para que Boiro sexa un lugar cómodo para os maiores e dotado dos servizos necesarios».
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
