INFRAESTRUTURAS
Outes mellora os camiños rurais de sete núcleos
Os 140.000 euros de investimento serán aportados pola Xunta de Galicia

Francisco Calo, segundo esquerda, e Belén do Campo, terceira, en Outes / Xunta de Galicia
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada do alcalde de Outes, Francisco Calo, e pola directora territorial da Consellería do Medio Rural, Nieves Mancebo, salientou durante a visita ao municipio o investimento de preto de 140.000 euros ao abeiro do Plan Marco de Mellora de camiños rurais de acceso a parcelas agrícolas.
Un plan que aportou a nove concellos do Barbanza (Outes, Porto do Son, Mazaricos, Rianxo, Ribeira, Carnota, Boiro, Noia e Lousame) máis de 532.000 euros. En Outes realizáronse varios proxectos de arranxo de camiños nos lugares de Terelle, Vilar de Outes, Brión de Abaixo, Cambeiro de Arriba, Serra de Outes, Ousesende e Seilán. Polo que respecta á provincia da Coruña recibiron estes apoios un total de 83 concellos por un importe de 5,2 millóns de euros.
Durante a visita, o rexedor, Francisco Calo, trasladoulle á delegada da Xunta a súa solicitude para que o Concello de Outes poida contar cun camión motobomba, en colaboración coa Concellería de Medio Rural.
Belén do Campo agradeceu á disponibilidade do concello para adherirse aos convenios interadministrativos de prevención e defensa contra incendios forestais a través das brigadas municipais, tratamentos preventivos de xeito mecanizado e vehículos motobomba.
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas
- De Ames a Negreira, las alumnas que lideran las notas de la PAU de Galicia: «Sabía que la nota era buena... pero no tanto»
- Conxo rinde homenaje al histórico árbol plantado por Moncho Cascarilla con una estatua tras su polémica tala
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- El restaurante de Santiago que triunfa con sus cachopos: 'No tienen nada que envidiarle a los de Asturias
- Galicia se enfrenta a un episodio de calor extremo: alerta roja en Pontevedra y hasta 33 grados en Santiago
- Estuvo a punto de dejarlo y ahora este compostelano es campeón mundial de culturismo: 'La gente me dice que no sabe cómo soy capaz

