Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Porto do Son enriquece o seu patrimonio cultural coa cesión de préstamo dunha obra de Álvaro Negro

LUZPINCOLOT II-XIV, datado do 2001, estará instalado no despacho da alcaldía

Luis Oujo e Sofía Hauser xunto á obra cedida de Álvaro Negro

Luis Oujo e Sofía Hauser xunto á obra cedida de Álvaro Negro / Cedida

Porto do Son

O Concello de Porto do Son sumou este luns unha nova obra ao seu patrimonio artístico. O alcalde, Luis Oujo, e Sofía Hauser Belmarco formalizaron a cesión en préstamo do lenzo LUZPINCOLOT II-XIV, unha obra do recoñecido pintor galego Álvaro Negro datada no ano 2001.

O cadro xa está instalado no despacho da alcaldía, onde permanecerá exposto como símbolo do compromiso coa arte e a cultura.

Durante o acto de entrega na casa consistorial, Oujo destacou a xenerosidade de Hauser, propietaria da obra, e subliñou "o gran valor" que esta incorporación supón para o municipio. Ademais, tamén puxo en valor "o préstamo desta obra dun pintor tan notable e recoñecido como Álvaro Negro".

Tracking Pixel Contents