Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O alumnado da Escola de Música de Rois deslumbra nun concerto xunto ao cuarteto Delta

A Orquestra de Cordas da ESMU interpretou diversos temas conxuntamente co grupo

Os integrantes do grupo Delta, en primeiro plano, co alumnado da ESMU

Os integrantes do grupo Delta, en primeiro plano, co alumnado da ESMU / Cedida

Rois

O pasado sábado, 15 de marzo, o auditorio municipal de Rois albergou unha gran xornada musical cun concerto do grupo Delta acompañado polo alumnado da Escola Municipal de Música de Rois (ESMU).

O concerto comezou coa interpretación conxunta dos temas Yesterday e Jazz Suite, a cargo da Orquestra de Cordas da ESMU e o cuarteto Delta. A continuación, Leire Suárez (violín) e Ileana Alba Piñeiro (violencello), ofreceron unha emocionante versión de Sad Movie, acompañadas polos músicos Juanjo Fernéndez (piano) e Hilario Rodeiro (batería).

Pola esquerda, Juanjo Fernández, Ileana Alba Piñeiro, Leire Suárez e Hilario Rodeiro

Pola esquerda, Juanjo Fernández, Ileana Alba Piñeiro, Leire Suárez e Hilario Rodeiro / Cedida

Tras esta primeira parte do concerto, Delta tomou o relevo para ofrecer un percorrido polos temas do seu disco Casa, composto polo propio Juanjo Fernández. O cuarteto, formado tamén por Elena Domínguez, profesora de violoncello da ESM, e Amparo Cánovas, antiga profesora de violón na escola e que se incorporou recentemente ao Conservatorio de Santander, conseguiu conectar co público cos seus acordes.

O evento foi presentado polo directora da ESMU, Manuel Villar, quen destacou a importancia desta experiencia para o alumnado da escola, brindándolles a oportunidade de compartir escenario con músicos profesionais.

Tracking Pixel Contents