O novo Punto de Atención á Infancia de Urdilde abrirá o vindeiro curso cunha vintena de prazas
A nova infraestrutura amplía a oferta educativa infantil en Rois nun 50%

Pola esquerda, Jacobo Rey, Antonio Esparís, Mercedes Basante, Fabiola García, Ramón Tojo e José Luis Ares / Cedida
Rois contará cun novo Punto de Atención á Infancia (PAI) a partir do vindeiro curso 2025-2026. Ubicado en Urdilde, este centro acollerá ata 20 nenos de entre 0 e 3 anos. A conceselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou este sábado 15 as obras xunto ao alcalde, Ramón Tojo, para coñecer o estado das mesmas.
As instalacións do novo PAI habilitaronse na antiga escola unitaria de Urdilde, cunha subvención de 123.000 euros aportada pola Xunta. Durante a súa visita, a conselleira subliñou que este novo centro permitirá a moitas familias de Rois compatibilizar a súa vida laboral e persoal, ademais de incrementar nun 50% a oferta educativa para a etapa infantil no municipio.

Fabiola García e Ramón Tojo durante a súa visita ao PAI de Urdilde / Cedida
A comitiva, conformada tamén polo director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey; a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Basante; e os concelleiros José Luis Ares e Antonio Esparís; trasladouse á escola infantil A Galiña Azul de Rois, onde a conselleira anunciou a apertura do prazo de inscrición para todas as escolas infantís públicas de Galicia.
As familias poderán solicitar praza ata o vindeiro 4 de abril, no que será o cuarto ano de gratuidade destos centros, un modelo pioneiro que beneficiou a máis de 32.000 familias na comunidade.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla