Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Avanza o proxecto para dotar a Noia do novo centro de saúde

A Xunta, que investirá máis de 10 millóns, adxudicou a redacción por 310.365 euros

Centro de saúde de Noia

Centro de saúde de Noia / María Cano

Noia

A Xunta de Galicia vén de adxudicar por un importe de 310.365 euros a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra do novo Centro de Saúde de Noia. O investimento total previsto para a obra e o equipamento superará os 10 millóns de euros.

O futuro centro, que superará os 3.300 metros cadrados, contará cunha área asistencial moderna e equipada para mellorar a atención sanitaria da cidadanía. A instalación disporá de 21 consultas de medicina, enfermería, farmacia, odontoloxía e hixienista, ademais de salas de técnicas, toma de mostras e espazos de espera.

A infrestrutura incorporará tamén servizos clave como o Punto de Atención Continuada (PAC), reforzando a atención sanitaria de urxencia, e unha base do 061.

Respecto dos seis servizos asistencias, o futuro centro de saúde noiés estará dotado con novas unidades: como é o caso dunha área de fisioterapia e rehabilitación, unha consulta e unha sala de fisioterapia; e unha área de saúde mental, con 5 consultas: psiquiatría, psicoloxía, enfermería e traballo social, e unidade de atención ás adiccións.

Os terreos foron adquiridos e o centro deseñarase para prestar servizo a unha poboación de 30.000 habitantes durante os próximos anos, dado que o consultorio de Noia están adscritos tamén veciños de Outes, Lousame e O Son. Na unidade de actuación do futuro complexo sanitario habilitaranse 350 prazas de estacionamiento.

Tracking Pixel Contents