Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Pazo de Goiáns acolle unha xornada sobre acceso á cultura e participación do Consello da Cultura Galega

Este mércores 26 de marzo terá lugar a primeira das catro citas que se celbrarán nos vindeiros meses

O Pazo de Goiáns acolle unha xornada sobre acceso á cultura e participación do Consello da Cultura Galega

O Pazo de Goiáns acolle unha xornada sobre acceso á cultura e participación do Consello da Cultura Galega / J. M.

Boiro

O Pazo de Goiáns, en Boiro, será a sede, o vindeiro mércores 26 de marzo dun encontro do Consello da Cultura Galega sobre o acceso á cultura e a participación cidadá. Esta iniciativa, de carácter gratuíto, está aberta a todas as persoas interesadas, que poden formalizar a súa inscrición a través da web oficial do Consello da Cultura Galega (consellodacultura.gal).

Desde o ano 2003, o Consello da Cultura Galega traballa activamente en torno aos dereitos culturais, un enfoque que cobra cada vez máis relevancia nas políticas culturais públicas. Esta tendencia foi corroborada coa recente creación, por parte do Goberno do Estado, da Dirección Xeral de Dereitos Culturais, así como a implementación de plans similares en comunidades como Navarra e as Illas Canarias.

A xornada do 26 de marzo, a primeira das catro que se celebrarán entre marzo e xuño, estará coordinada por Alberto García e contará con figuras como Blanca Albán, Natalia Balseiro e Encarna Lago como mediadoras. Durante este evento, analizarase a participación cidadá na cultura, abordando a idea de que as persoas non só deben consumir cultura, senón tamén ter a oportunidade de creala.

Entre os proxectos que se presentarán destacan iniciativas como Castelo Conta, Feirón Mariñeiro de Rianxo, Contos do Mar, FIOT Carballo, Escora Danza e Pasabodeghas.

Tracking Pixel Contents