Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Pobra celebra o Día Mundial da Poesía cun recital aberto ao público

A cita contará coa participación de catro autores da zona e da soprano Esperanza Mara

Patricia Lojo na presentación do Día Mundial da Poesía na Pobra

Patricia Lojo na presentación do Día Mundial da Poesía na Pobra / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Pobra

A Pobra acollerá por segundo ano consecutivo unha cita para celebrar o Día Mudial da Poesía. Será este venres 21 no Auditorio da Biblioteca Victoriano García Martí cun recital especial.

A cita reunirá catro destacados autores da zona como son Manuel Teira, Anxos Castro, María Fernández e Manuel López Rodríguez, que compartirán os seus versos co público asistente. Ademais, o evento contará coa actuación especial da soprano Esperanza Mara, que engadirá un toque musical á xornada.

Cartel do Día Mundial da Poesía na Pobra

Cartel do Día Mundial da Poesía na Pobra / Cedida

"Logo do éxito do ano pasado, dende a Concellería de Cultura queremos poñer en valor unha vez máis a poesía e dar visibilidade aos e ás poetas, nun acto participativo ao que todo o mundo está convidado", indicou a concelleira de cultura, Patricia Lojo.

Unha das principais novidades desta edición é a posibilidade de que o público tamén se converta en protagonista. Tras o recital dos autores convidados, todas aquelas persoas que o desexen poderán ler os seus propios poemas entre os asistentes, fomentando así a participación cidadá e o amor pola poesía.

Tracking Pixel Contents