Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Rois impulsa a compostaxe doméstica cunha sesión formativa e a entrega gratuíta de materiais

A cita, para que é necesario inscribirse previamente, será o vindeiro xoves 27

Composteiro doméstico

Composteiro doméstico / Cedida

Rois

O Concello de Rois continúa apostando pola sostibilidade cunha nova iniciativa que busca fomentar a reciclaxe de residuos orgánicos no fogar. O xoves 27 de marzo, ás 19.30 horas, terá lugar no Edificio Multiúsos unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica.

O evento está dirixido a veciños e veciñas de Rois que dispoñan dun espazo mínimo de 50 m2 para instalar un composteiro. Durante a formación, os asistentes recibirán información detallada sobre o proceso de compostaxe, os beneficios ambientais que supón e as melloras técnicas para obter un compost de calidade.

Ademais, ao rematar a sesión, os participantes recibirán de balde un composteiro, un aireador e un manual de compostaxe para que poidan comezar de inmediato coa súa propia xestión de residuos orgánicos. Debido á dispoñibilidade limitada de materiais é imprescindible realizar unha inscrición previa a través da web https://rois.rsu.gal/. As persoas interesadas poden contactar no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico residuos@rois.gal.

Esta acción forma parte dun proxecto de seguimento que se estenderá ao longo de 2025 para supervisar a correcta aplicación da compostaxe entre os participantes. A iniciativa conta co apoio financieiro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e está financiada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, a través de fondos da Unión Europea-NextGenerationEU.

Tracking Pixel Contents