Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Encontro das Persoas Maiores de Ribeira supera as expectativas e contará con 200 kg de percebes

A cita terá lugar este domingo 23 con todos os boletos vendidos en menos de 48 horas

Encontro das Persoas Maiores do pasado ano en Ribeira

Encontro das Persoas Maiores do pasado ano en Ribeira / Cedida

Ribeira

Segundo fontes do departamento de Servizos Sociais, presidido polo tenente de alcalde, Vicente Mariño, a venda de boletos para o encontro dos maiores de Ribeira que se celebrará este domingo 23, "foi todo un éxito rotundo tanto pola loxística da venda masiva como na súa celeridade, xa que se repartiron 1.000 boletos en menos de 48 horas".

"Para min este ano rompeu tódalas marcas, o aforo completouse no albor establecido e tamén resaltar que só se venderon a veciños e veciñas empadroados en Ribeira", destacou Vicente Mariño.

Este ano, como novidade, introducese por primeira vez a exaltación dun produto local, e nesta edición o elixido foi o Percebe de Aguiño. Segundo a Confraría de Carreira-Aguiño habilitouse para a ocasión a Zona de Norte que transcorre por todo o litoral costeiro dende Espiñeirido ata o Feltro cos Petóns incluídos. A pesar do mal tempo os percebeiros lograron cumprir co obxectivo de capturar 200 quilogramos do pércido marisco nunhas rochas de especial valor e risco.

Vicente Mariño, centro, acompañado dalgúns membros da Confraría de Carreira-Aguiño

Vicente Mariño, centro, acompañado dalgúns membros da Confraría de Carreira-Aguiño / Cedida

Para a xornada habilitarase tamén un servizo de autobús con saídas dende o apeadoiro ou a estación de autobuses cara ao pavillón da Fieiteira.

Dende a concellería de Servizos Sociais adiantan que durante a comida haberá sorpresas e agraden de forma particular aos veciños e veciñas que fixeon cola para mercar os boletos.

Tracking Pixel Contents