O Concello de Outes presenta as rutas culturais de primavera 2025 de 'Coñece o noso patrimonio'
O calendario está composto por seis percorridos que se desenvolverán entre abril e xuño

Participantes o pasado ano nas rutas de primavera de Outes / Cedida
O Concello de Outes anunciou este luns o calendario das rutas culturais de primavera 2025 dentro do programa 'Coñece o noso patrimonio', unha iniciativa que ofrece a oportunidade de explorar o patrimonio histórico, cultural e natural do municipio acompañado por un experto local. As rutas desenvolveranse entre abril e xuño, con saídas programadas ás 9.00 horas e contarán cunha dificultade media.
A primeira das rutas será o 6 de abril con ''Historia do Freixo e rego do Rial". Un percorrido de 10 quilómetros con saída no Centro Náutico do Freixo. "Torre dos Mouros e fervenzas de San Paio", de 6,5 km con saída da Igrexa de San Lourenzo, será a segunda cita o 20 de abril.
Xa no mes de maio terán lugar dúas novas rutas: o 4 de maio con "Historia apícola no val do Donas" (7 quilómetros con saída da Capela de San Adrián) e o 18 de maio con "Camiñando cara a orixe do concello de Outes" (onde se percorrerán 9 km saíndo da Eira do Carme, Brión de Arriba).
O calendario de rutas pecharase no mes de xuño coas dúas últimas citas. O 1 de xuño, con saída do aparcamento da igrexa de Roo terá lugar "Roo e o río Bendimón, historia e espiritualidade" (7 quilómetros), mentres que o 15 de xuño será o turno de "De Mirás a Carleo polo Cristo de Baneo" (7,5 km con saída da Capela do Socorro de Mirás).
Para participar será necesario inscribirse a través do formulario dispoñible na web do Concello. As prazas son limitadas, con 50 participantes por ruta, agás na ruta da "Torre dos Mouros e fervenzas de San Paio", que contará cun máximo de 25 persoas. As inscricións abriranse o luns anterior a cada ruta.
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- Irán anuncia un ataque con drones contra el portaaeronaves 'Abraham Lincoln'
- Nueva agresión en la plaza del Toural de Santiago: un hombre rompe una botella en la cabeza a otro varón
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
