O Concello de Porto do Son finaliza as obras de saneamento e depuración na zona sueste da Atalaia
A actuación, financiada con 59.395 euros do POS da Deputación, mellora a infraestrutura nas rúas Campo a Través, Sotavento e Paseo do Brañón

Obras de saneamento e depuración na zona sueste da Atalaia / Cedida
O Concello de Porto do Son vén de finalizar as obras de saneamento e depuración na zona sudeste da Atalaia. O proxecto, que contou cun investimento de 59.395,88 euros financiado a través do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña, soluciona unha problemática en tres rúas da localidade como son Campo A Través, Sotavento e Paseo do Brañón.

Obras de saneamento e depuración na zona sueste da Atalaia / Cedida
Os traballos incluíron a instalación dun novo sistema de depuración, que incorpora unha arqueta de desbaste, unha fosa-filtro e un pozo de toma de mostras, garantindo así unha mellor xestión das augas residuais. Ademais, creouse un novo colector principal que parte do pozo existente na esquina sueste da rúa Campo a Través e conecta coa nova depuradora. Para ampliar a cobertura, instalouse un ramal secundario que dá servizo a dúas vivendas do Paseo do Brañón.
Así mesmo, a intervención tamén contemplou a reposición dos pavimentos afectados durante as obras, garantindo a recuperación estética e funcional das rúas implicadas.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión