Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A confraría de Muros tamén pide cámaras para vixiar o porto tras os últimos roubos

O patrón maior, Daniel Formoso, plantexoulle a demanda ao presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez

José Antonio Álvarez, esquerda, con Daniel Formoso, terceiro pola esquerda, e José Antonio Rama.

José Antonio Álvarez, esquerda, con Daniel Formoso, terceiro pola esquerda, e José Antonio Rama. / Cedida

Muros

Portos de Galicia mantén unha intensa axenda de encontros de traballo coas entidades pesqueiras e concesionarios das instalacións portuarias autonómicas co obxectivo de abordar as necesidades actuais, así como traballar no deseño de solucións eficaces ás mesmas. Así, o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo unha xuntanza co patrón maior e co secretario da confraría de Muros, Daniel Formoso e José Antonio Rama, respectivamente, para analizar a situación actual do porto desta vila da ría de Muros-Noia.

O responsable da entidade pública puxo en valor a colaboración entre Portos e o pósito en favor dunha mellor xestión desta infraestrutura portuaria e trasladou a máxima colaboración á hora de abordar as necesidades dos usuarios co obxectivo de reforzar a actividade nese peirao.

Ademais, compartiu o agradecemento da confraría ao labor realizado pola Garda Civil coa detención dos responsables do roubo de nasas a profesionais do sector no recinto portuario.

Ao respecto, Daniel Formoso solicitoulle a instalación de videocámaras de vixilancia no porto para mellorar así a seguridade, algo que José Antonio Álvarez se comprometeu a estudar. 

Tracking Pixel Contents