Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume impulsa a formación forestal coa poda de frondosas en Baroña

Os participantes colaboraron coa Comunidade de Montes de Baroña nunha xornada de aprendizaxe práctico sobre a conservación forestal

Alumnos do Obradoiro de Emprego Tahume X durante a actividade de poda e plantación de frondosas

Alumnos do Obradoiro de Emprego Tahume X durante a actividade de poda e plantación de frondosas / Cedida

Porto do Son

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume X, da especialidade do certificado de Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes, continúa avanzando no seu proceso formativo e, nos últimos días, realizaron unha actividade de poda e plantación de frondosas, en colaboración da Comunidade de Montes de Baroña.

Durante a actividade, os participantes realizaron a poda de especies como castaños, carballos e nogueiras, seguindo técnicas profesionais para mellorar a súa saúde e crecemento. Ademais, levaron a cabo o proceso completo de plantación de novas árbores, incluíndo a preparación das covas, a plantación e a aplicación de abono.

"O alumnado continúa aproveitando este programa mixto de formación e emprego con formacións coma esta na que puideron aprender de primeira man a técnica de poda e plantación de frondosas. Ademais, tiveron a sorte de seguir, sempre con gran atención e ao pé da letra, todas as indicacións e explicacións de Ovidio co fin de que o traballo saíra o mellor posible", destacou o alcalde, Luis Oujo.

O alumnado do obradoiro de emprego Tahume impulsa a formación forestal coa poda de frondosas en Baroña

O alumnado do obradoiro de emprego Tahume impulsa a formación forestal coa poda de frondosas en Baroña / Cedida

O Obradoiro de Emprego Tahume X proseguirá a súa colaboración coa Comunidade de Montes de Baroña programando novas actividades e visitas guiadas para seguir reforzando a formación práctica do seu alumnado.

O alumnado do obradoiro de emprego Tahume impulsa a formación forestal coa poda de frondosas en Baroña

O alumnado do obradoiro de emprego Tahume impulsa a formación forestal coa poda de frondosas en Baroña / Cedida

O rexedor municipal concluíu destacando o impacto positivo deste proxecto para o desenvolvemento local: "Estamos moi satisfeiros de poder levar a cabo esta iniciativa que favorece a inserción laboral da veciñanza e impulsa o emprendemento local, ademais de ser unha gran oportunidade para a formación das persoas, promovendo a empregabilidade na comarca".

Tracking Pixel Contents