SEA e o Concello de Ribeira avanzan na viabilidade do novo polígono empresarial
A xerente da entidade, Beatriz Sestayo, e Luís Pérez coincidiron na "urxencia" deste proxecto

Beatriz Sestayo, tercera pola esquerda, e Luís Pérez, dereita, durante o encontro entre SEA e o Concello de Ribeira / Cedida

O Concello de Ribeira e a entidade Solo Empresarial do Atlántico (SEA) deron un paso máis na procura de solucións para o novo parque empresarial da localidade. Nunha reunión celebrada este martes nas oficinas de SEA, Beatriz Sestayo, xerenta da entidade, recibiu ao alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e á concelleira de Economía e Facenda, María Herminia Pouso, acompañados por integrantes do equipo técnico de SEA, entre eles José Rey, responsable da área comercial e o abogado Antonio Quintela.
O obxectivo do encontro foi analizar as mellores opcións para viabilizar o novo polígono de Ribeira, ante a crecente demanda de solo empresarial na zona. Durante a reunión, o rexedor presentou o proxecto de urbanización co fin de que os expertos de SEA poidan estudalo en detalle e valorar posibles solucións.
Beatriz Sestayo comprometeuse a elaborar unha proposta que permita desbloquear os obstáculos que arrastra o polígono. "Temos que esforzarnos en buscar respostas a este parque non só para atender a demanda empresarial senón tamén porque é unha forma de fixar poboación e outorgar un futuro mellor para Ribeira", destacou.
Pola súa banda, Luís Pérez subliñou a importancia deste proxecto para o crecemento económico da comarca do Barbanza: "A creación de solo industrial atraerá novas empresas e tamén contribuirá á xeración de emprego e axudará a fixar poboación en Ribeira".
Ambas as dúas partes coincidiron na "urxencia" de avanzar neste proxecto estratéxico, polo que se comprometeron a manter un novo encontro no transcurso do vindeiro mes de abril.
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- Rebelión en el monte gallego contra la caza del jabalí con las técnicas 'en mano' y 'al salto': 'Puede causar muchos accidentes
- Las casas más modernas de Santiago, en las revistas de decoración
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- El empedrado de la rúa de San Pedro mantendrá cerrada la calle durante varios días esta semana
- El juicio por el nombramiento ilegal de la junta directiva del Compostela queda pendiente de Borja Iglesias
- Tres de los barrios con el alquiler más caro de Galicia están en Santiago: la zona norte supera al Ensanche