O CEIP Heroínas de Sálvora inaugura as visitas teatralizadas sobre o naufraxio do Santa Isabel
A actividade promovida polo Museo Municipal de Ribeira estará dispoñible ata xuño para escolas e visitantes

Visita teatralizada 'As heroínas de Sálvora e o Santa Isabel' en Ribeira / Cedida
O alumnado de infantil do CEIP Heroínas de Sálvora foi o primeiro en participar este venres na visita teatralizada As heroínas de Sálvora e o Santa Isable, unha iniciativa impulsada polo Museo Municipal de Ribeira. Este ciclo de visitas, que se estenderá ata xuño, busca achegar ao público infantil a historia do heroico rescate das mulleres da Illa de Sálvora na traxedida do naufraxio do Santa Isabel, acontecido o 2 de xaneiro de 1921.
A cita contou coa presenza da concelleira de Cultura, Antía Alberte, e do concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, que destacaron a importancia de divulgar esta parte da historia local entre os veciños. "Comezamos dende as escolas porque pensamos que dende a infancia temos que transmitir eses valores de arraigamento, e nutrilos da historia do noso municipio", indicou a concelleira.
Pola súa banda, o técnico do museo, Miguel Vidal, explicou que a actividade está aberta a todas as escolas do municipio e mesmo de fora, aínda que sempre con "reserva previa para avisar a Cipriana para que nos veña a explicar que pasou aquela fatídica noite do 2 de xaneiro do ano 1921".
Durante a presentación, o concelleiro do Mar anunciou que o vindeiro 18 de abril, o museo acollerá un acto de "homenaxe á Muller do Mar no que este ano imos a homenaxear ás redeiras".
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- Buscan «parejas reales» en Santiago para participar en lo que parece la nueva serie de época de Vaca Films
- Comer 'por menos de 6 euros': tres restaurantes de Santiago que adoran los estudiantes
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Drones y puertas marcadas en Ames: ¿‘modus operandi’ de la Banda del Volvo?
