Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Pascua 2025 en Boiro

As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse antes do 10 de abril

Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Pascua 2025 en Boiro

Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Pascua 2025 en Boiro / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

O Concello de Boiro abriu este venres o prazo de inscrición para o Obradoiro de Pascua 2025, unha proposta dirixida a nenos de entre 6 e 12 anos que terá lugar durante os días lectivos da Semana Santa. As prazas son limitadas, polo que é imprescindible inscribirse antes do 10 de abril ás 13.00 horas.

O obradoiro desenvolverase no Centro Social de Cabo de Cruz os días 14, 15, 16 e 21 de abril, en horario de 10.00 a 13.30 horas. Durante estas xornadas, os pequenos poderán participar en actividades creativas, xogos, cociña e outras propostas lúdicas pensadas para foemntar o entretemento e a aprendizaxe.

As familias interesadas en anotar aos seus fillos deben facelo antes do 10 de abril ás 13.00 horas. A inscrición pode realizarse a través dos teléfonos 981 84 84 25 ou 689 88 42 25, así como mediante o enderezo electrónico educacion@boiro.gal.

Tracking Pixel Contents