Abre o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal de Padrón para o vindeiro curso
As solicitudes poderán presentarse de forma presencial ou telemática dende este martes 1 ata o 11 de abril

Escola Infanti Municipal de Padrón / Cedida
Dende este martes 1 de abril e ata o venres 11 de abril, as familias interesadas poderán solicitar praza na Escola Infantil Municipal de Padrón para o curso 2025/2026. Este trámite poderá realizarse tanto de forma presencial no Rexistro do Concello como a través da sede electrónica municipal (sede.padron.gal).
Para formalizar a solicitude, é necesario cubrir o formulario oficial dispoñible na sede electrónica e achegar a documentación requirida. Entre os documentos obrigatorios atópanse o libro de familia ou documento acreditativo da situación familiar e unha declaración xurada sobre a situación económica e laboral dos membros da unidade familiar. Así mesmo, no caso de cambios respecto á declaración da renda, documentación acreditativa da nova situación.
Ademais, dependendo da situación familiar e laboral, poderá ser necesario achegar o título de familia numerosa, certificado de familia monoparental, acreditación de discapacidade ou resolución de contrato de acollemento familiar. No caso de separación, divorcio ou nulidade matrimonial, deberá acreditarse dita circunstancia xunto co réxime de visitas.
Dependendo da situación económica-laboral deberá aportarse como documentación complementaria a última nómina dos membros da unidade familair en activo ou xustificante do último ingreso trimestral, se algún membro está en desemprego, certificación do INEM ou organismo autonómico, declaración do IRPF ou certificado da AEAT no caso de non presentala.

Aberto o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal de Padrón / Cedida
As solicitudes serán baremadas segundo os criteriors establecidos na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo de 2025, en base aos códigos de procedemento BS404A e BS404B. Toda a información detallada sobre os requisitos e criterios de avaliación pode consultarse na sede electrónica municipal e na web da Consellería de Política Social da Xunta.
Dende o Concello de Padrón lembran que as persoas interesadas poden contactar cos Servizos Sociais para resolver calquera dúbida a través do enderezo servizos.sociais@padron.gal ou do teléfono 981 817 025.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
