Os gañadores do concurso de disfraces de Ribeira reciben os seus premios

Antía Alberte, esquerda, cos premiados no concurso de disfraces do Entroido de Ribeira. / Cedida
A edil de Cultura de Ribeira, Antía Alberte, entregou este martes os premios aos gañadores do certame de disfraces do Entroido convocado polo Concello, no que se repartiron un total de 2.500 euros (500 euros en vales de compra na modalidade infantil e 2.000 euros en metálico na modalidade de adultos).
Na categoría infantil, os gañadores dos vales de cen euros foron: Lía Gárate Mato, Nora Gárate Mato, Grupo Emanems, Santiago e Lucía Gago Fandiño e Sara Sampedro Gómez e Valentina González Santos.
Na categoría individual adultos, Teresa Bretal Laranga gañou o premio de 150 euros; Alexandre Millet Alba, o de 75 euros; e Inmaculada Tesón Pérez, o de 50 euros.
Na categoría de adultos para parellas e tríos, os gañadores foron Xana Ledo Díaz (250 euros), María Cascallar Vidal (150 euros) e Gustavo Llovo Otero (100 euros).
Na categoría de adultos para grupos, gañaron Machaca a rana (425 euros), Asuntos Furbyos (250 euros) e Monstruos S.A. (150 euros).
E na categoría para adultos no enterro do Felipe gañaron María Teresa Pérez, en individual (100 euros) e Desero, como o grupo máis numeroso (300 euros).
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España