Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A patronal de Boiro fideliza 4.200 clientes co seu catálogo de regalos

O sistema permite acumular o 10% das compras para acadar vales ou premios

Pola esquerda, Tomás Estévez, Daniel García, José Ramón Romero e Gabriél Alén, na presentación do novo catálogo de agasallos da patrnal de Boiro.

Pola esquerda, Tomás Estévez, Daniel García, José Ramón Romero e Gabriél Alén, na presentación do novo catálogo de agasallos da patrnal de Boiro. / Cedida

Boiro

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, participaron este mércores, xunto ao presidente e o xerente da patronal local, Daniel García e Tomás Estévez, respectivamente, na presentación do novo catálogo de premios da entidade, que chega cunha gran variedade de agasallos e cun balance récord de participación.

O sistema de fidelización, aberto a todas as persoas que realicen compras nos máis de 200 negocios asociados, permite acumular o 10% do importe das compras en puntos, que logo poden cambiarse por bonos para gastar non negocios ou por premios, como maletas de viaxe, reloxos intelixentes, auriculares inalámbricos, etc.

O sistema de fidelización conta con máis de 4.200 usuarios activos, 33.820 tíckets rexistrados en 2024 e máis de 9.000 no que vai de 2025. En 2024 entregáronse 371 premios, e no primeiro trimestre de 2025 xa se canxearon 142.

A campaña de primavera terá este sábado 5 un gran evento nas rúas de Boiro. A patronal sacará a rúa a súa ruleta de premios, e os clientes que realicen durante o venres e o sábado compras superiores a 10 € poderán gañar regalos e recibir unha bolsa de palomitas. Cada tícket de máis de 10 € permitirá unha tirada na ruleta, que ten premios como tazas, imáns, abre botellas ou ambientadores.

A ruleta e o posto de palomitas estarán situados na rúa Santos Mieites de 18.00 a 21.00.

O luns sortea unha paga de 100 € aomes ata decembro

Como fin de campaña, o luns 7 farase un sorteo entre todos os clientes que rexistraran os seus tíckets de compra entre o 24 de marzo e o 6 de abril. Trátase dunha paga mensual de 100 euros ata finais de ano.

Tracking Pixel Contents