Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PSOE critica o «silencio» da Xunta sobre o estado da ría de Arousa

O europarlamentario Nicolás González criticou en Rianxo «que o Executivo galego deixara pasar o prazo de alegacións ao Pacto dos Océanos"

Pola esquerda, Miguel Ángel Iglesias, Julio Abalde, Óscar Rial, Nicolás González e José Ramón Romero, no encontro celebrado na confraría de Rianxo.

Pola esquerda, Miguel Ángel Iglesias, Julio Abalde, Óscar Rial, Nicolás González e José Ramón Romero, no encontro celebrado na confraría de Rianxo. / Cedida

Redacción

Rianxo

O europarlamentario galego do PSdeG Nicolás González Casares criticou este venres en Rianxo «que a Xunta teña deixado pasar o prazo de consultas que deu a Comisión Europea para presentar alegacións ao Pacto dos Océanos que vai marcar os usos das actividades mariñas para os próximos anos».

González mantivo un encontro co sector na confraría de Rianxo no que tamén participaron o portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde; o portavoz de Rianxo, Óscar Rial; o alcalde de Boiro e secretario de Pesca do PSdeG, José Ramón Romero; e o patrón maior, Miguel Ángel Iglesias.

«Cando non participas nunha consulta despois non te podes queixar dos resultados», dixo. Tamén lamentou que a Xunta «non están a facer o seu traballo, cando outras comunidades autónomas si que participaron, así como representantes do sector, como Anfaco, Arvi ou as organizacións de produtores pesqueiros».

«O Pacto dos Océanos vai fixar a estratexia que vai marcar os usos e actividades pesqueiras e tamén do turismo, a explotación da enerxía ou a bioeconomía», explicou González, que alertou que «o silencio da Xunta é especialmente grave no que atinxe á ría de Arousa, polo que temos que participar e poñer a disposición da Comisión Europea o que sabe a xente do mar».

Tracking Pixel Contents