A quen pertence o Castro de Baroña?: «Non se sabe», di o alcalde de O Son, Luis Oujo

Suso Souto

A quen pertence o Castro de Baroña?: «Non se sabe», di o alcalde de O Son, Luis Oujo

O Castro de Baroña (Porto do Son) está ubicado en zona de dominio público marítimo-terrestre. Pero, ao pedir unha subvención para facer alí unhas actuacións, o Concello non puido demostrar a súa titularidade. "Non sabemos de quen é. Non é de Costas, nin de Patrimonio, nin do Concello... É un pouco de todos e, ao final, non é de ninguén», explica o alcalde, Luís Oujo. Así as cousas, o rexedor iniciou xestións con Costas do Estado para solicitar que o castro (que abarca máis dunha hectárea) se rexistre a nome do Concello, para o cal será necesario facer a desafectación da liña de dominio público marítimo-terrestre. Un trámite que «xa está en marcha» e que «pinta para largo», segundo o mandatario local.

Últimos vídeos

Tracking Pixel Contents