Rianxo avanza cara un «novo modelo» para a recollida do lixo
O Concello traballa na licitación do servizo e repartiu nos últimos meses máis de 180 composteiros

Julián Bustelo xunto a un composteiro. / Cedida
O Concello de Rianxo avanza no proceso para licitar un novo modelo de recollida de lixo e limpeza viaria, que agarda esté operativo a comezos de 2026.
Paralelamente, o Goberno que preside Julián Bustelo vén realizando importantes actuacións en consonancia coa lexislación vixente na materia. Así, no marco do Plan Municipal de Compostaxe impulsado polo Executivo local, nos últimos meses repartíronse máis de 180 composteiros individuais, o que se traduce nunha importante redución da materia orgánica que acaba nos colectores.
«Case o 50% da bolsa do lixo é materia orgánica; favorecer que esta non acabe no colector supón diminuír o gasto enerxético», di Bustelo.
Ademais, unha comisión formada por representantes dos concellos de Rianxo, Boiro e A Pobra traballan na implantación do colector marrón nos tres municipios.
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Los entrenadores de Ilia Topuria abren en Santiago su esperado gimnasio la semana que viene
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Un incendio en un edificio de Pontepedriña atrapa a uno de sus vecinos: los bomberos trabajan en el lugar
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Denuncian el caos creado por los sentidos únicos en Bertamiráns
- Nivel rojo por la crecida del Sar y Tambre desbordado en Ames con su molino en jaque