SUSTENTABILIDADE
Porto do Son dota o CEIP Santa Irene dunha instalación fotovoltaica para autoconsumo
O investimento de máis de 15.000 euros reducirá o gasto enerxético municipal

Instalación fotovoltaica para autoconsumo no CEIP Santa Irene / C. Porto do Son
O Concello de Porto do Son ven de rematar as obras de instalación do equipamento fotovoltaico de autoconsumo no CEIP Santa Irene, un proxecto que ten a finalidade de reducir o gasto enerxético e fomentar a sustentabilidade.
A nova instalación, composta por 20 módulos de paneis solares de 550Wp por unidade, conta cun investimento total de 15.730 euros. Así, o Concello recibiu a través do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) unha subvención para financiar o 60% da totalidade, sendo o 40% restante aportación a través de fondos municipais.
O alcalde, Luis Oujo, indicou “que este é outro exemplo máis da firme aposta do Concello de Porto do Son pola eficiencia enerxética e polo fomento das enerxías limpas e renovables”.
“Con esta nova instalación imos producir o suficiente volume de enerxía para abastecer ao colexio, reducindo considerablemente o gasto enerxético municipal, co seu consecuente aforro nas arcas municipais” engadiu o rexedor.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Jornada accidentada en Santiago: dos choques en menos de media hora y un positivo en vía penal de madrugada

