O PSOE di que Xunta e Concello de Noia recortaron en mil metros cadrados a superficie do futuro centro de saúde
Segundo o deputado autonómico do PSdeG Julio Abalde pasará de 4.200 a 3.300 m2

Julio Abalde durante a súa intervención no Parlamento de Galicia. / Cedida
O deputado autonómico do PSdeG Julio Abalde acusou este martes a Xunta e Concello de Noia de suprimir 1.000 metros cadrados de superficie útil no proxecto para o novo centro de saúde desa localidade, "reducindo unha cuarta parte o proxecto asinado en 2022".
Abalde presentou unha proposición non de lei na Comisión de Sanidade para que a Xunta fixera valer o proxecto asinado, pero foi rexeitada polo PP.
Abalde explicou que "de acordo co convenio asinado en 2022, o Concello poñería a disposición unha parcela de 1.900 metros cadrados para construír un centro de dúas plantas cunha superficie de 4.200 metros cadrados, pero no proxecto que saíu a licitación finalmente o Concello reduciu a parcela ata os 1.300 metros cadrados, obrigando a facer un centro máis pequeno, con 3.300 metros cadrados útiles, e perdendo polo camiño 2 millóns de euros na construción".
"Con esta decisión, obriga a mudar o deseño do centro de saúde para dotalo de máis plantas, dificultando a súa funcionalidade e incumprindo os criterios de calidade do propio Sergas, que sinala que os centros de saúde teñan unha ou dúas plantas como máximo", dixo Abalde.
O deputado socialista reclamoulle ao Goberno galego "que siga o mesmo camiño que no veciño Concello de Porto do Son, onde obrigou a mudar os terreos cedidos polo Concello para manter o número de plantas que recomendan".
O responsable socialista sinalou que "o único que mudou entre 2022 e 2025 foi o conselleiro de Sanidade, demostrando que neste momento a calidade do servizo non é a prioridade do Goberno galego".
Abalde salientou a importancia de ofrecer un servizo de calidade en Noia, "que acubilla o centro de referencia en Urxencias para 30.000 veciños e veciñas de Noia, Lousame, Outes e Porto do Son".
- Lunes de borrasca y lluvias intensas en Galicia... pero con el anticiclón en el horizonte
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Crónica social compostelana | Cocido de la promoción de 1981 del Colegio Peleteiro
- Galicia aspira a ganar el Benidorm Fest: un jóven de Carballo, entre los grandes favoritos
- Más de 70.000 filloas: el Carnaval más dulce a 20 minutos de Santiago
- Conflicto de buses en Santiago: 'Se non hai avances poderiamos levar a asamblea a reactivación da folga
- Aviso a los conductores: una calle del centro de Santiago permanecerá cortada al tráfico durante 24 horas

