A Pobra celebrará o Día da Danza cun espectáculo no que participarán cincuenta bailaríns
Celebrarase o día un de maio ás cinco da tarde na Praza Alcalde Segundo Durán

Pola esquerda, Lola López, Patricia Lojo e Francisco Muñiz. / Cedida
A concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo, presentou o espectáculo Emociónate co baile, unha actividade de danza do Taller Alecrín, aberta á veciñanza, que ten como obxectivo emocionar e conectar a espectadores con danzantes.
“A danza ten numerosos beneficios, tanto físicos como emocionais e sociais. Favorece traballar a musculatura, axuda a reducir o estrés e a ansiedade, ao facernos pasar un momento
divertido, e ao ter que asistir ás clases e estar entre un grupo de persoas axuda a mellorar as habilidades sociais, coñecer xente nova e crear novas relacións. Por iso apostamos por esta actividade e intentamos que saia adiante”, explicou.
Lola López, presidenta do Taller Alecrín, sinalou que “dende o Taller Alecrín, o que queremos é poñer en valor a importancia do baile en todos os sentidos e para todos. O que pretendemos con este tipo de citas é darlles aos nosos alumnos, que non son normalmente os protagonistas, a oportunidade de pasar o día coa xente nunha clase co protagonismo que merecen.”
Francisco Muñiz, director técnico do Taller Alecrín, explicou en que consiste a actividade: “O baile é unha actividade transversal, que xunta xente en diferentes circunstancias. Emociónate co baile é unha mostra de Line Dance e Baile Social, a nosa etiqueta para o baile en grupo, onde misturamos varios estilos. O fío deste ano é o da emoción e o sentimento que xera a xunta de danza e narrativa, e tirando del imos facer un percorrido por diferentes bailes e ritmos expresando a emoción que produce nos que o miran e nos que o facemos”, dixo.
Como idea final sobre a o concepto da actividade, o director técnico cita a Mikhail Baryshnikov, persoeiro escollido este ano para dar a mensaxe do Día da Danza: “Dise a miúdo que a danza pode expresar o inenarrable. A ledicia, a dor e o desespero fanse visibeis. Expresións encarnadas da nosa fraxilidade compartida. Nese senso, a danza pode espertar empatía, inspirar bondade e fomentar en nós o desexo de sandar na vez de danar”, explicou.
O evento terá lugar o xoves, 1 de maio, a partir das 17.00 horas na Praza Alcalde Segundo Durán, en caso de que o permita o tempo, á que se pode achegar toda a veciñanza. No caso de
chuvia, a actividade trasladarase ao colexio Salustiano Rey. Será en formato de clase aberta, con explicacións e introducións antes de cada unha das doce intervencións, nas
que participarán un total de 50 alumnos.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa