Veciños do barrio ribeirense de Banda ao Río piden máis presenza policial e medidas contra os ruídos do ocio nocturno
O Concello intensificará a vixilancia sobre o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública

O alcalde e os tenentes de alcalde con veciños de Banda ao Río. / Cedida
O Goberno local de Ribeira mantivo este martes unha reunión coa veciñanza do barrio de Banda ao Río para escoitar as súas preocupacións e trasladarlles as medidas que se están a adoptar para mellorar a convivencia na zona.
As principais demandas veciñais centráronse na necesidade de incrementar a presenza policial para combater a drogadicción e reducir os ruídos derivados do ocio nocturno.
Na xuntanza participaron o alcalde, Luís Pérez Barral, e os tenentes de alcalde Vicente Mariño, Francisco Suárez-Puerta e Xabier Vidal. Durante o encontro, Pérez Barral detallou as actuacións que se van poñer en marcha para dar resposta ás peticións da cidadanía.
En materia de seguridade, o rexedor informou que se vai reforzar a presenza efectiva da Policía Local na zona co obxectivo de disuadir actos vandálicos e delituosos e garantir unha mellor convivencia. Así mesmo, sinalou que o Concello está a traballar no ámbito social para ofrecer alternativas ás persoas con problemas de drogadicción mediante a intervención da Unidade de Condutas Aditivas e dos educadores de rúa.
Ademais, o Goberno local trasladará á Delegación do Goberno a necesidade de reforzar a presenza da Policía Nacional no barrio, solicitando un incremento de patrullas que contribúan a mellorar a seguridade cidadá.
En relación cos problemas de ruído vinculados ao ocio nocturno, o alcalde indicou que se está a realizar un control exhaustivo para garantir que os locais de hostalería cumpran cos horarios de peche.
Tamén se intensificará a vixilancia sobre o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública.
No eido da vivenda, informouse que o Goberno local ten a intención de facerse con inmobles que se atopan sen uso co fin de destinalos a vivenda pública, favorecendo así o acceso á vivenda digna e combatendo o abandono de edificios. Neste sentido, ambas as dúas partes emprazáronse a colaborar para evitar que vivendas sen uso poidan ser usurpadas.
"A reunión produciuse nun clima cordial e moi positivo. Dende o Goberno local trabállase para revitalizar Banda ao Río, como barrio orixinario da vila e apóstase por seguir mantendo unha comunicación fluída coa veciñanza e por dar respostas concretas ás demandas", dixo o alcalde.
- Os Biosbardos, la innovadora huerta ecológica coruñesa que surte a Inditex y prepara un 'Amazon de leira'
- Sobrevivir a flote: la historia de un okupa con permiso para vivir en un viejo barco
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- El chiringuito a 40 minutos de Santiago con un jardín secreto bajo los árboles: así es el rincón más caribeño de la ría de Arousa
- La Ascensión vuelve a cabalgar entre equinos, pulpo y tradición popular en Amio
- La precampaña se sienta al pulpo en la carballeira de Santa Susana el día de la Ascensión
- Casa 2M e Medio
- La Xunta dará «ayudas directas» a promotores para construir viviendas