Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Pobra conecta a veciñanza cos bailaríns a través da actividade Emociónate co baile

A proposta consistiu nunha mostra de 'line dance' e baile social

Participantes na actividade Emociónate co baile.

Participantes na actividade Emociónate co baile. / Cedida

A Pobra

O baile converteuse na tarde deste xoves no gran protagonista da Pobra. Grazas á actividade Emociónate co baile, impartida polo Taller Alecrín, o Concello logrou xerar unha conexión entre o público e o corpo de danza da compañía. Unha proposta diferente que a concellería de Cultura organizou para celebrar o Día Internacional da Danza. 

A proposta consistiu nunha mostra de line dance e baile social. Así, ao longo da tarde interpretáronse varios estilos, realizando un auténtico percorrido por diferentes bailes e ritmos.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, sinalou os numerosos beneficios da danza, "non só a nivel físico e emocional, senón tamén a social, e iso foi algo que quedou demostrado na actividade de hoxe, que contou coa participación dun amplo número de veciños e veciñas", dixo.

Tracking Pixel Contents