OCIO
Ribeira celebra o Día da Danza no Malecón cunha clase aberta
A cita é mañá domingo, día 4 de maio, a partir das 14.00 horas

Antía Alberte e Francisco Muñoz presentando o día da danza / C. Ribeira
Ribeira celebrará o Día Internacional da Danza no Malecón o día 4 de maio, ás 14.00 horas, cunha mostra de Line Dance e Baile Social. Á presentación asistiron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, xunto co director técnico pedagóxico, Francisco Muñiz.
Line Dance e Baile Social «vén sendo unha clase aberta baixo o título Emociónate co Baile, que con motivo do Día Internacional da Danza presenta o Taller Alecrín en colaboración coa concellería de Cultura», afirmou Alberte, quen sinalou ademais que «no caso de mal tempo se trasladará á Carpa Municipal».
Francisco Muñiz salientou que «se pretende mostrar a importancia da promoción e ensinanza do baile a tódolos niveis e sectores da poboación cun evento aberto e participativo no que se poda ver a forma de traballo das alumnas e alumnos que asisten aos obradoiros de Line Dance e Baile Social».
O evento constará dunha selección de propostas de Linedance e Baile Social, coreografías de grupo, xogos e algunha que outra proposta para provocar a participación de tódolos asistentes.
Francisco Muñiz amosou o seu agradecemento ás entidades que fan posible este tipo de iniciativas, aos alumnos e alumnas dos obradoiros e ao Concello de Ribeira.
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo
- Reinician todo el proceso para conceder una central de bombeo en Brión al entrar Naturgy en la pugna

