Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Peñas Boiro organiza unha andaina solidaria a beneficio da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia

Celebrarase o once de maio e xa hai máis de 350 persoas inscritas

Pola esquerda, Fran Allo, David Laíño, José Ramón Romero e Quin Riveiro.

Pola esquerda, Fran Allo, David Laíño, José Ramón Romero e Quin Riveiro. / Cedida

Boiro

O Concello de Boiro colabora coa Asociación Cultural Peñas Boiro na organización da primeira andaina solidaria que terá lugar o vindeiro domingo 11 de maio a beneficio da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.

O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación xunto con David Laíño, presidente de Peñas Boiro; Quin Riveiro, membro da organización; e Fran Allo, de ASANOG.

A andaina sairá ás 10.00 horas da Praza de Galicia e contará con dous percorridos de 5 e 10 quilómetros adaptados a diferentes niveis.

O percorrido curto percorrerá o paseo do río Breiro, o paseo marítimo e o estuario do río Coroño para regresar á Praza de Galicia, e o percorrido longo chegará a Goiáns, con avituallamento no pazo, e finalizará tamén na Praza de Galicia.

“Trátase dunha andaina familiar e non competitiva que, ademais de recadar fondos para ASANOG, busca poñer en valor lugares de Boiro con interese paisaxíastico”, afirmou Quin Riveiro.

O presidente de Peñas Boiro AC, David Laíño, agradeceu a todas as empresas que colaboran con esta iniciativa e coa actividade musical que haberá ao remate na rúa peonil e animou a veciñanza a participar. “Todo o recadadado con esta andaina irá destinado de xeito íntegro a ASANOG”, dixo.

Fran Allo agradeceu a colaboración coa entidade “mediante este tipo de eventos que permiten levar a cabo os distintos programas que se desenvolven dende a asociación para mellorar a calidade de vida de nenos/as e adolescentes con cancro e as súas familias”.

Polo momento hai máis de 350 persoas inscritas e tamén participacións de dorsal cero, pero as inscricións están abertas a poden facerse ata o venres 9 de maio.

“Boiro é un pobo moi solidario e iso demóstrase na gran acollida que teñen todas estas iniciativas sociais”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero. 

Tracking Pixel Contents