O Espazo Xove de Noia xa conta co primeiro hotel de bichos da vila
Servirá de refuxio para insectos beneficiosos para o ecosistema

Santiago Freire e Ana García con mozas de Noia Limpa xunto ao hotel de bichos do Espazo Xove. / Cedida
Un grupo de mozos e mozas do Espazo Xove de Noia e do colectivo Noia Limpa participaron na construción do primeiro hotel de bichos da vila, que quedou instalado de forma permanente nos xardíns do centro.
A estrutura realizouse coa colaboración do Concello, e foi visitada polo alcalde, Santiago Freire, e Ana García, concelleira de Emerxencias e Parques e Xardíns.
Fíxose con materiais naturais e servirá como refuxio para insectos beneficiosos, como abellas solitarias, xoaniñas ou bolboretas. Estes pequenos habitantes son fundamentais para o equilibrio do ecosistema, xa que axudan na polinización e no control de pragas.
«Trátase dn refuxio para a biodiversidade e tamén dun espazo de educación ambiental», sinalan dende Noia Limpa.
Algúns participantes nesta iniciativa aproveitaron para facer instalacións similares, pero máis pequenas, que colocaron nos xardíns das súas casas.
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- Así es la tapa de oreja más popular de Santiago: 'Hacemos hasta 120 kilos a la semana
- El furancho que conquistó a la princesa Leonor a 50 minutos de Santiago: 'Tiene una de las mejores empanadas
- El Obradoiro conquista Coruña y parte del ascenso directo
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- Casi 55.000 jóvenes y jubilados compostelanos viajan gratis en bus metropolitano: un 16% más
- Este pueblo a media hora de Santiago busca vecinos: con trabajo y alquileres desde 400 euros