O Museo do Gravado de Ribeira cederalle 370 obras das súas coleccións a China, Alemaña e Portugal
En Salamanca exporanse as obras gañadoras do premio Atlante

Obras de Picasso que atesoura o Museo do Gravado. / Cedida
O Museo do Gravado de Ribeira segue estreitando lazos internacionais a través da arte e, ao longo deste ano, cederá algunhas das súas coleccións máis importantes a varios centros de China, Alemaña e Portugal.
Así, 48 obras da exposición Colmeiro. Punta seca xa están no Museu de Guarda (Portugal); as 100 da mostra Picasso: Suite Vollar viaxarán a Beijing e Shanghai (China), para formar parte dunha cita conxunta, Homenaxe a Picasso, Vallauris 1972; e as 80 das coleccións Os Caprichos de Goya e Os Caprichos de Dalí cederanse en outubro a cinco museos de Augsburgo (Alemaña).
A Portugal viaxarán tamén as 72 obras das tres coleccións da exposición Dalí ilustrador: Fábulas de La Fontaine, Pantagruel e O Quixote, que poderán verse no Centro Cultural e de Investigação do Funchal (Madeira). Ademais, o Museo do Gravado de Santa Marta de Tormes (Salamanca) acollerá unha exposición das obras gañadoras das 15 edicións do premio de gravados Atlante.
Por outra banda, a Cámara Alta aprobou unha proposta do senador Manuel Ruiz (exalcalde de Ribeira) para pedir que, a través da sinatura dun convenio co Concello de Ribeira, se permita que o Instituto Cervantes e calquer ministerio poida utilizar as máis de 40.000 obras do Museo do Gravado. Ruiz destacou que a súa proposta saíu adiante pese a o voto en contra de PSOE e Más Madrid.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
