Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Boiro acollerá o seis de xuño o festival escolar de audiovisual Olloboi

Este ano participarán entidades do País Vasco e Portugal

María Outeiral e Ana Moreiras, segunda e cuarta pola esquerda, con outros representantes da asociación Olloboi.

María Outeiral e Ana Moreiras, segunda e cuarta pola esquerda, con outros representantes da asociación Olloboi. / Cedida

Boiro

O Concello de Boiro colabora un ano máis na organizacion do festival escolar audiovisual Olloboi, que terá lugar o venres 6 de xuño. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación xunto con Ana Moreiras e outros membros da organización.

“Olloboi 2025 contará cun programa moi optimista que busca levarnos á primeira división e contará coa colaboración de entidades do País Vasco e Portugal, cun equipo de cómplices internacional que servirá de gancho para a rapazada”, afirmou Ana Moreiras.

Ademais da Muchachada, que será o venres 6 de xuño, e o festival pola tarde para a proxección das curtas realizadas no propio día e tamén as que están a realizar nos centros de ensino, este ano Olloboi contará cun programa para toda a semana con proxeccións abertas ao público.

Ata o 24 de maio está aberto o prazo para que os centros educativos e o persoal vencellado envíe as súas curtas e se inscriba no festival.

Este ano contarase con cinco categorías: Olloboi Peque, para traballos elaborados con alumnado de Infantil e Primaria; Olloboi ESO e Olloboi BAC/Ciclo Medio, que participarán na Muchachada Olloboi para o alumnado responsable da peza; Olloboi Plus18, para pezas elaboradas por alumnado de centros de ensino superior, profesorado ou PAS; e Olloboi PT, para curtametraxes enviadas desde Portugal.

A concelleira de Cultura resaltou o gran traballo que realizan dende o equipo de Olloboi en colaboración cos cómplices e todos os colaborares para realizar unha actividade como esta que xa se converteu “nun festival audiovisual de gran envergadura e unha gran proposta para que os rapaces e rapazas se familiaricen co audiovisual”. 

Tracking Pixel Contents