Lousame pide que se adique o día das Letras Galegas á súa figura máis ilustre: "Xa é hora de que se acabe con esta inxustiza histórica"
O Concello e a asociación de veciños Zernadas de Castro de Fruíme reivindican que se destaque a un "precursor do galeguismo e a figura máis ilustre que temos"

Ofrenda floral ao Cura de Fruíme en Lousame / Cedida
O Concello de Lousame volveu aproveitar un ano máis a celebración do Día das Letras Galegas para reivindicar que se lle adique á figura de Diego Antonio Zernadas de Castro, máis coñecido como o cura de Fruíme. Desta vez foi en voz do tenente de alcalde, Esteban Ares García, quen puxo en valor a figura do clérigo como "precursor do galeguismo e a figura máis ilustre que temos en Lousame».
Esteban Ares destacou o labor do Concello e da asociación de veciños Zernadas de Castro de Fruíme na promoción da figura do cura a través de exposicións, conferencias, andainas, edición de libros ou outras actividades: "incluso hoxe mesmo vanse estrear dous poemas musicalizados por Xoán Curiel, artista de recoñecido renome". Ademais, destacou que o lugar elixido todos os anos é a Igrexa de Fruíme ao ser "o lugar indicado para reivindicar todos xuntos e pedirlle por favor á Real Academia Galega que nos escoite, porque xa é hora de que a Zernadas e Castro se lle adique o Día das Letras Galegas e se acabe con esta inxustiza histórica».
Pola súa banda, a presidenta da asociación de veciños Zernadas de Castro de Fruíme, Ermitas Lorenzo, agradeceu a gran acollida que tivo este acto de homenaxe a Zernadas de Castro e puxo tamén en valor "a dedicatoria este ano do Día das Letras Galegas ás cantareiras, moi ben representadas hoxe aquí polas cantareiras da Uned Sénior de Lousame". "Pero non nos olvidamos do cura de Fruíme, que xa escribía en galego no século XVIII e que no 2027 cumprirase o 250 aniversario do seu falecemento. Dende aquí queremos pedir que se lle dedique o Día das Letras Galegas".

Cantareiras e pandereteiras da Uned Senior de Lousame / Cedida
Tras a lectura de varios poemas de Zernadas de Castro por parte da rapazada de Fruíme, tivo lugar a tradicional ofrenda floral diante do busto dedicado ao cura. A continuación, a carpa instalada no adro da Igrexa de Fruíme acolleu un concerto do grupo de cantareiras e pandereteiras da Uned Senior de Lousame que, ademais de interpretar algunha cantiga propia do municipio, tamén fixeron o propio con outras de artistas máis recoñecidas como Malvela.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias