LITERATURA
Víctor Pérez recibiu en Outes o premio do Certame Francisco Añón de poesía
Patricia Torrado, do Son, obtivo o accésit con ‘Grolos de ausencia e augaforte’

O alcalde, Francisco Calo, á esquerda cos premiados no certame / C. Outes
Outes acolleu a entrega de premios do XXIX Certame Francisco Añón de poesía, no que resultou gañadora a obra Non plantaremos o millo en abril, de Víctor Pérez Estévez, de Panxón (Nigrán). O poemario achega a ao universo persoal do autor mesturando o cotiá, os coidados e a transimisión da memoria familiar, conectando xeracións e deixando, ao tempo, «un pouso doce e amargo», segundo o xurado do concurso. Opremio consistiu en 1.500 euros e a publicación da obra o vindeiro ano.

Víctor Pérez Estévez, gañador do certame poético de Outes / C. Outes
Asemade, Patricia Torrado, de Porto do Son, foi distinguida cun accésit (publicación) pola obra Grolos de ausencia e augaforte. O xurado destacou o seu alto grado de elaboración e a súa potente carga simbólica, así como o emprego da lingua culta e o afastamento das fórmulas estereotipadas.

No acto de entrega de premios non faltou a música da terra / C. Outes
Nas categorías infantís e de mozos, foron premiados Leo Iglesias Martín, por Totoro; Bruno Solís Servide, con A bolboreta; Mateo Puente Cao, con Mamá; Duarte Mariño Torrado, con Autolesión; Sara Alvarellos Olveira, por Pena que estivera soñando; Joel Dalmau Barcala, con Non entendo; Sophie Antonella Sepúlveda, por Se eu fose; Cristina Vicho de la Fuente, con Homero é un feixe pequeno de verzas; e Enma Serrano Caneda, con Anacos efémeros.
No acto de entrega de premios, presidido polo alcalde, Francisco Calo, presentouse o volume que recolle os poemarios galardoados en 2024, e tamén o libro de Vicente Vázquez Vidal O conto da leiteira, gañador da última edición.
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- Raxoi paraliza una obra ilegal frente al parque de Bonaval: 'Habéis roto un trozo de historia
- Sin atracciones y con la comisión agotada: O Castiñeiriño afronta un San Antón marcado por la falta de relevo generacional
- Avistan un ejemplar de la tortuga más grande del mundo en Fisterra
- El palacete de casi 2 millones en Santiago que 'recuerda a Downton Abbey': una joya arquitectónica que no encuentra dueño
- Un hombre que agredió sexualmente a una amiga en Santiago tras una noche de marcha, condenado a once años de prisión
- Un compostelano idea una pasarela mirador bajo el viaducto del Miño con vistas privilegiadas de Ourense: 'Ojalá sea una realidad
- El restaurante de Santiago que triunfa con sus cachopos: 'No tienen nada que envidiarle a los de Asturias