INFRAESTRUTURAS
Muros creará unha nova área de lecer en Esteiro e renovará o parque de Louro
O Concello solicitará unha subvención á Deputación por valor de 186.968 euros

O Concello quere dotar Esteiro dunha nova área de lecer / C. Muros
O Concello de Muros aprobou nun pleno extraordinario solicitar á Deputación da Coruña unha subvención para realizar as obras de construción dunha nova área de lecer en Esteiro, así como a mellora do parque infantil de Louro.
A petición saiu adiante cos votos a favor de BNG, PSdeG e Muros Centrado, e a abstención do PP. A subvención solicitada é de 186.968,79 euros, o que supón o 80% do orzamento total das dúas actuacións (232.460,99 euros).
“Son dúas obras importantes e necesarias, que dan resposta ás nosas prioridades como goberno local e ás demandas das familias”, asegura a alcaldesa de Muros, María Lago.
No caso de Esteiro, trátase dunha nova área de lecer para as familias, mentres que a outra obra servirá para renovar o parque infantil que está ao carón do CEIP de Louro.
“A reforma en Louro servirá para aumentar o número de elementos de xogo e a renovación das pistas deportivas, incluíndo unha nova zona axardiñada, con mesas, bancos e puntos de auga”, engade a alcaldesa.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos

