O alcalde sonense destaca o papel da Asociación de Xubilados na sociedade durante a presentación da súa nova directiva
A entidade organiza clases de baile en liña, ximnasia, roldas de xogos e bailes con música en directo todos os sábados

Oujo, esquerda, na presentación da nova directiva da Asociación de Xubilados. / Cedida
O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañado polos membros do Goberno local, participou no acto de presentación da nova directiva da Asociación de Xubilados.
O presidente da entidade, Antonio Juncosa, e o secretario, Fernando Rovelo, deron a coñecer aos socios e socias o equipo que liderará esta nova etapa, marcada polo impulso á participación e á actividade social das persoas maiores do municipio.
Durante o acto, o rexedor destacou o papel “fundamental” que desenvolven desde a asociación, que “contribúe de maneira moi notoria a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas máis maiores". "Desde o Concello sempre estaremos ao voso carón, impulsando o benestar e a cohesión social no municipio”, dixo.
Na entidade contan cunha completa programación de actividades, na que se inclúen clases de baile en liña, ximnasia, roldas de xogos e baile con música en directo todos os sábados, ofrecendo alternativas de lecer saudables e espazos de encontro para a veciñanza xubilada.
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- Oportunidad en Santiago de Compostela: ático a menos de 200 metros de la Catedral
- Un vuelo Madrid-A Coruña acaba regresando a Barajas tras desviarse a Santiago y no poder aterrizar
- «Mamá, quiero ser ganadera»
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Una tregua en la lluvia: tarde de tiempo seco antes de un nuevo frente
