Mozos e mozas realizarán nove murais sobre a cultura mariñeira nos concellos do Galp Costa Sostible
Usarán pintura ecolóxica e o primeiro farano en xuño no pavillón de Muros

Representantes dos territorio do Galp Costa Sostible durante a presentación da iniciativa. / Cedida
O edificio de usos múltiples do Galp Costa Sostible, en Noia, acolleu a presentación do proxecto para a creación de nove murais participativos sobre a cultura mariñeira, que se realizarán ata novembro nos territorios que integran a entidade (Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e O Son).
A iniciativa foi presentada polo presidente do Galp, Mariano Lago; a xerente, Manuela Oviedo; e representantes dos concellos.
Os obxectivos son: introducir a visión da mocidade do territorio nas actuacións a realizar polo Galp; visibilizar a cultura mariñeira a través de novas formas de expresión artistica acorde cos intereses de dito colectivo; e promover o coidado do medio ambiente e a inclusión social.
Os murais faranos adolescentes da zona baixo a coordinación da entidade Vella Escola, de Noia, especialista en cultura urbana, e encargada tamén de subministrar os materiais cos que se executarán os deseños. Cada mural levará unha placa cos seus nomes.
«Utilizaranse pinturas ecolóxicas que absorben os contaminantes ambientais. Trátase de pinturas fotocatalíticas que axudan a preservar o medioambiente ao absorber os gases do tráfico rodado», explicou Pablo Castiñeira, responsable da Vella Escola.
O primeiro mural farano en xuño 12 mozos e mozas de entre 15 e 17 anos no pavillón de Muros.
- La compostelana Televés lanza una nueva generación de antenas preparada para la televisión del futuro y las redes 5G
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El pueblo gallego que se cubrirá de flores este fin de semana: ideal para recorrer a pie y con una fiesta de Interés Turístico Internacional
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- Donde comen seis: la familia que desafía la baja natalidad compostelana
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- Más de 200 joyas del British Museum llegan al Gaiás con ‘Voces del Pacífico’