Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Rianxo acondicionará en Asados o vial de Montegrande a Atalaia

En Leiro asfaltaranse as pistas de Rial e Meiquiz, e no paseo marítimo xa comezou a renovación das luminarias, entre Setefogas a Carballeira

O alcalde, Julián Butelo, no vial que conecta Atalaia co campo de fútbol de Santa Lucía.

O alcalde, Julián Butelo, no vial que conecta Atalaia co campo de fútbol de Santa Lucía. / Cedida

Rianxo

O Concello de Rianxo vén de recibir da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural unha axuda de 53.739 euros para a mellora do vial que une o núcleo da Atalaia co antigo campo de fútbol da Santa Lucía.

A actuación levarase a cabo entre os núcleos de Montegrande e Atalaia, na parroquia de Asados, e terá unha lontitude de 735 metros e un ancho de entre 5 e 6,20 metros. A obra contempla a pavimentación con aglomerado en quente dunha superficie de 3.917 metros cadrados.

Ademais, o Concello aprobou o proxecto para a renovación do firme de varias pistas nos núcelos de Rial e Meiquiz (Leiro). Estas actuacións, que se enmarcan no Plan de Mantemento de Viais Municipais elaborado para 2025, consistirán fundamentalmente na limpeza previa dos viais e o seu asfaltado con mestura bituminosa en quente.

Por outra banda, avanzan os traballos para ampliar a rede de abastecemento de auga nos núcleos da Cruz e Cartomil, na parroquia de Taragoña. Unha vez que rematen poderanse conectar á rede municipal de abastecemento outras 30 vivendas. 

Asimesmo, estase a executar a primeira fase do proxecto para o cambio das luminarias do paseo marítimo, entre Setefogas e A Carballeira. As luminarias actuais subsituiranse por outras de maior eficiencia enerxética e de tecnoloxía led. «Antes do remate da lexislatura, e tras investir 90.000 €, teremos renovado a totalidade do sistema de iluminación do paseo marítimo», sinalou o alcalde, Julián Bustelo.

Tracking Pixel Contents