A Asociación de Concellos do Camiño pola ría de Muros-Noia edita un libro sobre a ruta de Querini en 1431
A publicación reforza a candidatura da Via Querinissima a itinerario cultural europeo

Portada do libro. / Cedida
O Camiño da ría de Muros-Noia continúa de estreas editoriais. Ás presentacións da súa primeira guía, O Camiño de Santiago da ría de Muros-Noia, de Antón Pombo, e do primeiro catálogo de peregrinacións marítimas pola ría, O teu camiño está no mar. Peregrinacións marítimas 2025, agora súmase o libro O itinerario da peregrinación de Pietro Querini (1431) de Muros a Santiago de Compostela.
Este libro é froito dun traballo de investigación de varios anos realizado polos arqueólogos Mario César Vila e Sofía Baqueiro; o historiador Anxo Rodríguez; o urbanista Javier González Harguindey; e os arquitectos Marcial Rodríguez, Alberto Redondo e José Valladares. A publicación foi editada pola Asociación de Concellos da ría de Muros-Noia en galego, inglés e italiano.
A súa edición en inglés ten como obxectivo reforzar a candidatura da Vía Querinissima a itinerario cultural europeo do Consello de Europa, cuxo expediente será presentado a finais deste mes en Estrasburgo.
«Trátase dunha publicación centrada no itinerario seguido por Querini entre Muros e Santiago o 26 de outubro de 1431 e que está baseada no estudo de historicidade do Camiño da ría de Muros-Noia, que editamos en 2022», sinala o presidente da entidade e alcalde de Noia, Santiago Freire.
O libro presentarase oficialmente o martes 10 de xuño ao mediodía no Museo das Peregrinacións de Santiago.
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro

