Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro, gaña o premio especial de curtas do festival Olloboi

O certame audiovisual escolar celebrado en Boiro recibiu 58 pezas de centros educativos de Galicia, País Vasco e Portugal

Gañadores das distintas categorías do festival audiovisual de curtas Olloboi 2025.

Gañadores das distintas categorías do festival audiovisual de curtas Olloboi 2025. / Cedida

Boiro

O concello de Boiro converteuse de novo na capital galega do audiovisual no eido educativo. Ofestival Olloboi, que organiza o colectivo do mesmo nome, recibiu este ano 58 curtas procedentes de 41 centros educativos de Galicia, País Vasco e Portugal.

Oprograma desta décimo quinta edición comezou coa tradicional Muchachada, un encontro entre cineastas, alumnos e veciños de Boiro do que xurdiron interesantes micro pezas.

Posteriormente, tivo lugar no local Abadía de San Enrique a proxección das curtas elaboradas nas escolas de Primaria do concello boirense, así como das pezas gravadas pola mañá na Muchachada, e a gala de entrega de premios, presentada por Sabela Hermida e Fede Pérez.

Na categoría Peques gañou a curta Conexión, do CEIP da Torre Cela (Bueu); na de ESO, La pieza que falta, da Fundación Zaragüeta Zulaica Fundazioa (Guipúzcoa);na de Bacharelato-Ciclos, Reading Odissey, do IES Virxe do Mar (Noia);na de Plus 18, En el valle de la perseverancia, da Universidade de Vigo; e na de Olloboi PT, A princesa na torre, da Escola EB 2-3 Frei Bartolomeu dos Mártires, e Erros meus, Má fortuna, amor arde, da Escola EB 2-3 Carteado Mena (ambas de Portugal).

A organización concedeu o premio especial, Olloboi 2030, á curta Que castróns son, do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro, «polos seus valores de compromiso coa terra, identidade e calidade audiovisual».

A festa rematou pasadas as oito da tarde cunha merenda de arroz mariñeiro e unha foliada.

Tracking Pixel Contents