Profesionais da sanidade e das emerxencias fórmanse en Ribeira para protocolizar actuacións
Plantexan crear un equipo multidisciplinar de formadores

Asistentes ás xornadas. / Cedida
Máis de 70 traballadores vinculados ás emerxencias, pertencentes aos Puntos de Atención Continuada de Ribeira, Boiro e Rianxo, bombeiros de Muros e Ribeira e efectivos do GAEM de Ribeira, participaron este sábado nunha xornada formativa co obxectivo de protocolizar e estandarizar a forma de actuación en distintas emerxencias e crear a base dun programa formativo dentro das súas instalacións.
A iniciativa xurdiu nunha xuntanza que tiveron o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, e a coordinadora do PAC de Ribeira, Mónica Buela, a consecuencia do apagamento eléctrico masivo do pasado 28 de abril.
Pensouse na creación dun equipo multidisciplinar de formadores (médicos, farmacéuticos, enfermeiros, bombeiros, etc.) para a elaboración de sesións nas que se presentarán os principais temas e inquietudes no eido das emerxencias.
Furones presidiu as xornadas xunto con Mónica Buela, que presentou e coordinou estas sesións que comezaron ás 08.30 horas e remataron ás 14.45 horas cun programa no que se abordaron os protocolos do PAC de Ribeira, o SVB e o SVA, con Antonio Villaverde (do TES de Rianxo) e Leonor Estévez (médica do 061) que tamén interveu nun relatorio sobre o
shock.
Por outra banda, Javier Cortizo, dos bombeiros de Muros, e Baltasar Valentín, do de Ribeira, falaron sobre a excarcelación e a coordinación.
Para rematar, Rosana Castelo, farmacéutica do centro de saúde de Ribeira, falou sobre os fármacos das urxencias extra hospitalarias.
Con esta iniciativa trátase tamén de dar visibilidade e poñer en valor o traballo que fan os PAC.
As xornadas retomanse despois do verán.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Aire polar, temperaturas bajo cero y fuertes heladas: Galicia se prepara para un fin de semana gélido
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- El Ensanche celebra el plan para Santiago de Chile pero pide más aparcamiento: «Lo ideal es el modelo de Pontevedra»
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario
- Oleada de robos: vecinos de Ames recurren a grupos de Whatsapp para avisar sobre «movimientos sospechosos»
