A casa da cultura de Porto do Son será obxecto dunha mellora integral
A Xunta financiará con 150.000 euros obras en materia de eficiencia enerxética, accesibilidade e abastecemento de auga

Imaxe da casa da cultura de Porto do Son. / Cedida
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude financiará con 150.000 € a mellora da eficiencia enerxética da casa de cultura de Porto do Son. A actuación incluirá a mellora da accesibilidade, a reparación da cuberta e a reforma do sistema de abastecemento de auga potable.
O investimento será repartido en dúas anualidades. Para este 2025 resérvase unha partida de 49.922 € para actuacións previas, demolicións, accións nas cubertas e xestión de residuos, principalmente.
En 2026 a achega será de 100.077 €, para intervir nas cubertas, carpintarías e revestimentos e para desenvolver tarefas de illamento e novas instalacións e equipamentos.
A casa da cultura sonense conta cun sistema de climatización consistente en chan radiante eléctrico, o que xera un importante consumo, polo que se fai necesario substituílo por sistemas de calefacción máis eficientes co obxectivo de reducilo e mellorar a eficiencia enerxética do edificio.
Así mesmo, a cuberta do inmoble presenta falta de illamento térmico e problemas de impermeabilización, unha das principais causas que afectan negativamente o consumo de enerxía. Tamén se habilitarán aseos adaptados na planta baixa do complexo e renovarase a rede de abastecemento de auga potable.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- Alumnado del Xelmírez II recogerá esta semana su premio tras triunfar en Enreguéifate
