Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Congalsa recada 9.250 euros para a Fundación Aladina cun torneo benéfico de fútbol

A cita congregou 39 equipos das categorías alevín de Galicia e doutros puntos de España

Pola esquerda, Ana Garrido, Eloy Sobrido, José Carlos Vidal, Julio Antonio Mariño Neira e Rubén López Pérez.

Pola esquerda, Ana Garrido, Eloy Sobrido, José Carlos Vidal, Julio Antonio Mariño Neira e Rubén López Pérez. / Cedida

A Pobra

A Pobra acolleu durante dúas xornadas o Torneo Internacional Congalsa de Fútbol Base, de carácter benéfico e no que se recadaron 9.250 €, cos que a Fundación Aladina poderá seguir facendo o seu labor a prol dos nenos e nenas con cancro.

O alcalde, José Carlos Vidal, e o edil de Deportes, Eloy Sobrido, fixeron entrega do cheque por dito importe ao organizador do torneo e representante de Aladina, Julio Antonio Mariño Neira, nun acto no que estiveron presentes tamén o padriño da cita, Rubén López Pérez, e a xefa de Relacións Externas de Congalsa, Ana Garrido.

O torneo congregou 39 equipos das categorías alevín de Galicia e doutros puntos de España. Polo estadio da Alta pasaron unhas 4.000 persoas.

Tracking Pixel Contents