Ribeira convida a ‘pasear polo mar’ en sesenta maquetas de embarcacións
A exposición, dedicada a todo tipo de naves, pode verse no Liceo Marítimo

Suso Souto
O Liceo Marítimo de Ribeira acolle dende este sábado a exposición titulada Un paseo polo mar a través das maquetas, na que poden verse sesenta maquetas de todo tipo de embarcacións de diferentes épocas, moitas delas réplicas de naves históricas.

Juan Varela, 2º pola esquerda, Manuel Paz, 3º, Miguel Abraldes, 4º, e Manuel Sampedro, 5º, son, xunto a Juan Queiruga, os autores das maquetas. / Suso Souto
Foron construídas por Manuel Paz, Manuel Sampedro, Miguel Abraldes, Juan Varela e Juan Queiruga. Na mostra poden verse dende dornas ata palangreiros, mercantes, galeóns ou drakkars, pasando por unha chipironeira (orixinaria da costa vasca, usada para a captura de cefalópodos), así como réplicas do Santa Isabel (afundido en Aguiño en 1921), da galera La Real (buque insignia de Juan de Austria na Batalla de Lepanto de 1571), do HMS Bounty (barco de guerra da Mariña Británica, protagonista do motín de Tahití de 1789), ou do pesqueiro de Aguiño Cartagena Nº 3 (afundido o oito de abril de 1945).
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año