A volta ao Barbanza en 24 horas: este é o andador que chegou primeiro
Os alcaldes de Boiro, Rianxo e A Pobra tamén se apuntaron, pero o que máis lonxe chegou, José Carlos Vidal, plantouse no quilómetro 30

Eduardo Fabeiro, de Pontecesures, completou os cen quilómetros en doce horas e dez minutos. / Cedida
Un total de 292 persoas de sete nacionalidades (España, Alemaña, Portugal, Suíza, Australia, Uruguai e Arxentina) participaron esta fin de semana na décima Andaina dos 100 Km do Barbanza, non competitiva e de marcado carácter turístico, que organiza o Club International Trekkers Barbanza-Sar. Este ano tivo saída e meta na Pobra.

José Ramón Romero e Julián Bustelo, na saída da andaina, na Pobra. / Cedida
Os participantes saíron o sábado ás catro da tarde para facer en menos de 24 horas unha ruta por sete concellos (A Pobra, Boiro, Rianxo, Lousame, Noia, O Son e Ribeira).

José Carlos Vidal, centro, a carón de Francisco Alcalde, presidente do Club International Trekkers Barbanza-Sar, xunto a outros alcaldes e concelleiros do Barbanza. / Cedida
O de maior idade era Xosé do Pazo (Marín), de 79 anos, e o máis novo, Yeiko Maneiro (A Pobra), de 21. O participante que completou o itinerario en menos tempo foi Eduardo Fabeiro, de Pontecesures, que o fixo en 12 horas e 10 minutos.
Tres alcaldes figuraban na saída entre os andadores: os de Boiro, José Ramón Romero, Rianxo, Julián Bustelo, e A Pobra, José Carlos Vidal. Ningún deles completou o itinerario, e o que máis lonxe chegou foi o pobrense, que se plantou no quilómetro 30.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago