Compromiso Outes acusa o alcalde de "tapar a súa incapacidade cunha suposta situación económica insostible"
"Deixamos un Concello con solvencia", di a formación do exrexedor, Manuel González

Imaxe de arquivo de Manuel González. / Cedida
Logo de que nos pasados días se fixera pública a liquidación do orzamento de 2024 do Concello de Outes, Compromiso Outes reivindica que a mesma indica que amosaba a 31 de decembro de 2024 unha situación económica "razoable e de solvencia".
"Así o reflicte o remanente de Tesourería positivo existente nesa data, que ascendía a 492.638 €. É dicir: esa era a cantidade dispoñible no Concello ao iniciarse o exercicio 2025, unha vez descontadas as débedas e haberes pendentes, para responder a desviacións orzamentarias que se poidan dar no futuro", explica o portavoz da formación e exalcalde Manuel González.
"Deixamos remanente de Tesourería positivo e un orzamento equilibrado só pendente de aprobar", indican dende Compromiso Outes, que lle afean a Goberno local "que tape a súa incapacidade e a súa falta de proxecto cunha suposta situación económica insostible".
"Por outra banda, no informe sobre o cumprimento das regras fiscais, indícase que no exercicio de 2024 só se incumpriu coa regra de estabilidade orzamentaria, ao gastárense 520.000 € máis do que se ingresou, produto xustamente do uso dos remanentes de Tesourería para acometer investimentos e pago de facturas pendentes", indican.
Uns remanentes que, insisten, "aínda así, seguiron sendo positivos ao rematar o exercicio e que van permitir, por exemplo, cofinanciar con 130.000 € a obra de ampliación e renovación do céspede artificial do campo de fútbol do Cunchido".
"O incumprimento dalgunha regra fiscal está sendo unha constante en boa parte dos concellos de Galicia e España", indicaron fontes de Compromiso, "e unha vez que estas volven estar en vigor, implican a elaboración e aprobación dun Plan económico-financeiro por parte dos municipios".
Por outra banda, e ao respecto dos remanentes de Tesourería gastados nos últimos 5 anos "nos que tanto insiste o Partido Popular", dende o grupo municipal de Compromiso recordaron que o uso que se fixo dos mesmos "foi para investimentos necesarios" e dos que se senten moi orgullosos, como a posta en funcionamento da EDAR e a mellora na rede de saneamento, a posta en marcha da Escola Infantil Municipal de Outes ou a creación do primeiro museo da carpintería de ribeira de Galicia, entre outros.
Tamén sinalan que fixeron "o que tiñamos que facer e sempre co respaldo do pleno municipal, toda vez que, debido á crise da covid, permitiuse aos concellos botar man dos remanentes acumulados".
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- Rebelión en el monte gallego contra la caza del jabalí con las técnicas 'en mano' y 'al salto': 'Puede causar muchos accidentes
- Las casas más modernas de Santiago, en las revistas de decoración
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- El empedrado de la rúa de San Pedro mantendrá cerrada la calle durante varios días esta semana
- El juicio por el nombramiento ilegal de la junta directiva del Compostela queda pendiente de Borja Iglesias
- Tres de los barrios con el alquiler más caro de Galicia están en Santiago: la zona norte supera al Ensanche