INCENDIO
Ferida unha veciña da Pobra ao arderlle un galpón no que almacenaba palla e enseres
No interior había tamén dúas gaiolas con galiñas e pavos

Bombeiros sufocando o lume no galpón de Posmarcos, na Pobra / Consorcio
Unha veciña do lugar de Ouxo, na parroquia de Posmarcos (A Pobra do Caramiñal), sufriu queimaduras leves como consecuencia dun lume que queimou un galpón da súa propiedade. A muller desprazouse polos seus propios medios ao Hospital do Barbanza para ser atendida das feridas.
Os bombeiros dos parques provinciais de Ribeira e Boiro foron requiridos arredor das 12.25 horas e á súa chegada ao lugar comprobaron que estaba ardendo parte do tellado e o chan do fondo do galpón, no que almacenaban palla, herba seca e outros enseres. Ademais, había dúas gaiolas, unha con galiñas e outra con pavos. Esta última non se viu afectada.

Un bombeiro refrixerando o interior do galpón / Consorcio
Unha vez sufocadas as lapas, procederon á refrixeración de toda a zona ata deixala completamente segura.
No operativo participaron tamén axentes da Policía Local da Pobra do Caramiñal e a Garda Civil de Tráfico.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Beatriz Romero, intérprete de signos de Rozalén, en Santiago: 'Cada vez más personas sordas se interesan por la música»
