O BNG de Outes denuncia o "cambio a peor" do novo Goberno local tras 120 días de xestión
Os nacionalistas critican o retraso na aprobación dos orzamentos e na execución de obras "xa comprometidas"

Francisco Calo, cuarto pola esquerda, cos edís do PP o día da súa toma de posesión como alcalde de Outes. / Cedida
O BNG de Outes cre que, tras a moción de censura pola que o popular Francisco Calo accedeu á Alcaldía, prodúxose "un cambio a peor" no Executivo local.
No balance que os nacionalistas fan tras os primeiros 120 días de goberno de Calo e do "tránsfuga" José Antonio Caamaño (cuxa expulsión definitiva do PSOE está á espera da resolución do recurso que presentou ante o Comité de Garantías do partido), destácanse "o atraso na aprobación dos orzamentos e na execucións de obras "comprometidas" polo anterior Goberno; o atraso no pago de máis de 20.000 € a provedores; a "recuperación de chiringuitos do pasado para pagarlle de tapadiño aos seus concelleiros"; e "unha reducción notable na transparencia".
Por outra banda, na última sesión plenaria o BNG presentou unha moción en contra da LGBT fobia e en apoio aos dereitos civís con motivo do Día do Orgullo.
Os nacionalistas denuncian que o Goberno local "condicionou o debate da moción a que se retirara do acordo a exhibición da bandeira do orgullo LGBT na casa consistorial e en edificios municipais, relegándoa só á casa da cultura".
A moción foi finalmente aprobada coa modificación indicada.
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo
